Saltar ao contido principal

Petróglifo Nº 5 do Monte Pelotiña

Petróglifo Nº 5 do Monte Pelotiña - Rianxo - Santa María de Asados
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Idade do Bronce
Lugar
Monte Pelotiña
Concello
Rianxo

Os petróglifos do Monte Pelotiña están formados por oito conxuntos situados moi preto da Autovía do Barbanza.  Os motivos son principalmente, círculos, zigzag e cazoletas, sen que haxa evidencias de figuracións humanas ou animais.

Esta laxe mide 7,95 metros no eixo N-S e 4,75 metros no eixo L-O. Aínda que sufriu extracción de pedra en todos os seus lados, os gravados permanecen intactos e localízanse na parte central. Consisten nun motivo rectangular irregular con cinco subdivisións internas lonxitudinais e un transversal. Xusto enriba apréciase un círculo dobre de 22 centímetros de diámetro con coviña central. Ao lado, outro motivo circular do mesmo diámetro, aínda que este é case inapreciable debido á erosión. 8 metros ao norte, nunha pequena laxe orientada ao suroeste, e que mide 1,10 metros (N-S) e 1,20 metros (L-O), atópase unha coviña na parte central da rocha.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072048)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.672524, -8.776066

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo