- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Idade do Bronce
- Lugar
- Brión
- Parroquia
- Santa María de Leiro
- Concello
- Rianxo
Sobre unha laxe orientada cara ao sur, de 7,80 e 4 metros nos eixos N-S e L-O respectivamente, localízanse 4 cruces e os iniciais F Y, presentando suco en V e localizados a 40 centímetros ao oeste da primeira cruz. A primeira cruz latina, rematada en pé horizontal, está orientada ao norte, e ten unhas dimensións de 13x5 centímetros de lonxitude de brazo e suco en V de 1,5 centímetros. A segunda sitúase a 6 centímetros ao leste desta, tamén latina e de 11x9 centímetros de lonxitude de brazo, orientada ao norte e de suco en V de 2 centímetros de profundidade. A terceira cruz está situada a 47 centímetros da segunda, latina e presenta pé rematado en cadrado, de 16x8 centímetros de lonxitude de brazo e suco en V de 1 centímetro. A cuarta disponse 55 centímetros ao norte da terceira, grega e de 8x7 centímetros de lonxitude de brazo e presenta suco en U de 2,5 centímetros. Posiblemente se trate dunha laxe que indicaría un linde, e os gravados pertencerían a época histórica.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072114)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.648746, -8.796388
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 1 de Quintáns
Rianxo, Santa María de Isorna
Arqueoloxía
Castro de Rianxiño
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Arqueoloxía
Mámoa Nº 8 do Monte Picoto
Rianxo, Santa María de Asados