Saltar ao contido principal

Petróglifo Nº 4 de Abuín

Petróglifo Nº 4 de Abuín - Rianxo - Santa María de Leiro
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Idade do Bronce
Lugar
Abuín
Concello
Rianxo

Conxunto formado por dúas laxes con gravados que se atopan na parte baixa dun outeiro formado por un gran afloramento rochoso.

- Laxe 1: atópase moi erosionada e mide 1,15 metros no eixo N-S e 0,85 metros no L-O. Apréciase un motivo consistente nun círculo de 30 centímetros de diámetro e dúas liñas cruzadas no seu interior.

- Laxe 2: conserva dous motivos denominados “taboleiros de xogo” e que son atribuídos a épocas históricas. Mide a laxe 1,90 metros no eixo N-S e 0,80 metros no L-O. Na parte esquerda da rocha aparece un rectángulo irregular de 35 centímetros de lonxitude que ten non seu interior varias liñas rectas. Á súa dereita apréciase outro motivo consistente nunha elipse da cal parten sete liñas radiais.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072098)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.640468, -8.784119

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo