- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Idade do Bronce
- Lugar
- Brión
- Parroquia
- Santa María de Leiro
- Concello
- Rianxo
Aínda que é un conxunto formado por doce laxes con gravados, na actualidade só se aprecian motivos en tres, e o resto está tapado pola vexetación.
- Laxe 1: está situada 7 metros ao sur da casa na que se atopa. Mide 9,15 metros (N-S) e 6,20 metros (L-O). Na esquina sueste, vese un gran motivo consistente nun dobre círculo concéntrico de 50 centímetros de diámetro.
- Laxe 2: está case destruída pola erosión e as fogueiras que se facían nela. Mide 10,25 metros (NL-SO) e 7,80 metros (NO-SL). Na actualidade obsérvase un só gravado consistente un dobre círculo concéntrico de 25 centímetros de diámetro, con coviñas no seu interior.
- Laxe 3: mide 14 metros (N-S) e 8,70 metros (L-O) está moi deteriorada polas fogueiras que se facían nela e o formigón que se botou na parte sueste. Vense tres círculos concéntricos de 55 centímetros de diámetro, con alo menos 23 coviñas e dúas liñas radiais.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072036)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.643605, -8.794924
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Mámoa de Mourelles
Rianxo, Santa María de Asados
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 14 dos Campos
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 2 do Monte Picoto
Rianxo, Santa María de Isorna