- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Neolítico
- Lugar
- Mourelles
- Parroquia
- Santa María de Asados
- Concello
- Rianxo
Soterramento neolítico situado entre a aldea de Burés e a Castiñeiriña, no cumio do Monte Mourelles. O túmulo ten uns 22 metros de diámetro, cunha altura de 1,10 metros. Ten un cono de violación duns 4,5 metros por uns 50 centímetros de profundidade.
A Mámoa de Mourelles foi recuperada pola Comunidade de Montes de Asados no 2017, que lle fixo unha limpeza e puxo sinalización. As mámoas son enterramentos funerarios da época do Neolítico (fai cinco ou seis mil anos). A maioría teñen o chamado cono de violación no medio que foi onde escavaron para a súa espoliación xa no século XVIII pensando que contiñan ouro. Algunhas conteñen un dolmen, como a da Mina de Burés, outras, as mais novas teñen unha "cista" que era unha sepultura individual e xa son mais pequenas. Esta ten uns 20 metros de diámetro e metro e medio de altura. o cono de violación ten nove metros de ancho e un metro de fondo aproximadamente. Está no camiño que vai para o taller de pedra de Xixín, perfectamente sinalizada.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072014)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.687349, -8.776693
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 1 da Enseada de Leiro
Rianxo, Santa María de Isorna
Arqueoloxía
Mámoa Nº 8 do Monte da Pena
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 3 de Isorna
Rianxo, Santa María de Isorna