Saltar ao contido principal

Petróglifo Nº 2 de Rianxiño

Petróglifo Nº 2 de Rianxiño - Rianxo - Santa Comba de Rianxo
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Idade do Bronce
Lugar
Rianxiño
Concello
Rianxo

Laxe orientada ao S que se atopa moi preto do Petróglifo Nº 1 de Rianxiño, concretamente ao pé da fachada desa vivenda.

Mide 5,90 metros no eixo N-S e 3,50 no L-O. No S da rocha obsérvanse catro coviñas de 3 centímetros de diámetro. Na parte N da laxe vese un cruciforme, aínda que os brazos están afectados por marcas de cantaría.

Na actualidade está completamente asfaltado ao seu redor. Sitúase na zona de acceso ás vivendas do núcleo de Rianxiño.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072103)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.655326, -8.809933

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo