Saltar ao contido principal

Mámoa Nº 6 do Monte Picoto

Mámoa Nº 6 do Monte Picoto - Rianxo - Santa María de Asados
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Neolítico
Lugar
Burés
Concello
Rianxo

Conxunto de dez túmulos sitos en Burés, que constitúen a Necrópole do Monte Picoto. Están na divisoria entre os concellos de Dodro e Rianxo, e a uns centos de metros ao oeste das catro mámoas da Necrópole da Paradegua, sitas en Bexo (Dodro).

Este túmulo mide 22,50 metros no eixo NL-SO e 20,80 metros no NO-SL. Ten unha altura de 1,65 metros. Presenta un burato de violación central que mide 5 metros (NO-SL) e 4 metros no (NL-SO), así como unha profundidade de 0,70 metros.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Patrimonio Galego

Megaliticia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072070)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.694972, -8.755995

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo