- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Idade do Bronce
- Lugar
- Fincheira
- Parroquia
- Santa Comba de Rianxo
- Concello
- Rianxo
Grupo de gravados que se espallan por unha extensa zona das parroquias de Santa María de Leiro e Santa Comba de Rianxo, entre A Pedreira e A Devesa de Rianxiño, estendéndose cara ao noroeste até o curuto do Alto do Corniño. Os gravados máis salientables son:
- Un grupo de gravados non prehistóricos, probablemente feitos polos canteiros que traballaban aquela zona, e nos que se pode ler, entre outras marcas, o topónimo "Rianjo", o que fai pensar que poida ser unha marca da delimitación da parroquia.
- Escena de loita entre dous cabalos (ou cervos en período de caída da cornamenta).
- Unha posible escena de caza na que varios animais parecen fuxir en manda na mesma dirección, mentres outro queda atrás ferido e outros parecen mortos sobre o camiño.
- Outro enorme cervo de características moi similares aos grandes anteriores.
- Posible femia preñada.
- Cervo macho en actitude de bradar.
- Animal con aspecto de felino.
- Na rocha máis setentrional deste conxunto, unha colección de cuadrúpedes, outro felino e outro antropomorfo moi similar ao do Petróglifo Nº 1 do Mouchos.
Este conxunto está formado por seis laxes con gravados, aínda que dúas están cubertas de vexetación.
- Laxe 1: mide 3,10 metros (N-S) e 1,50 metros (L-O). O motivo consiste nun cérvido de 0,70 metros. Ao pé desta laxe, noutra máis pequena que mide 2,25 metros (N-S) e 2,50 metros (L-O), vense dous cuadrúpedes. 4 metros ao leste desta rocha atópase outra que mide 3,30 metros (NL-SO) e 0,85 metros (NO-SL) na que se aprecian tres zoomorfos alongados e trazos identificables.
- Laxe 2: mide 1,30 metros (N-S) e 1,10 metros (L-O), e nela vese un pequeno zoomorfo.
- Laxe 3: mide 0,85 metros (N-S) e 0,60 metros (L-O) e ten un círculo (20 centímetros de diámetro) e coviñas.
- Laxe 4: mide 1,90 metros (N-S) e 1,50 metros (L-O) e o motivo consiste nun cuadrúpede duns 25 centímetros.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072025)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.653839, -8.803289
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Mámoa Nº 2 de Cuncha Vieira
Rianxo, Santa María de Leiro
Arqueoloxía
Mámoa Nº 3 de Cuncha Vieira
Rianxo, Santa María de Isorna
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 7 do Monte Picoto
Rianxo, Santa María de Isorna