Saltar ao contido principal

Mámoa Nº 6 da Vacariza

Mámoa Nº 6 da Vacariza - Rianxo - Santa María de Isorna
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Neolítico
Lugar
A Vacariza
Concello
Rianxo

Conxunto de seis túmulos que se atopan nun rechán de paso entre o Monte Ceán e o Monte do Couto. Este grupo de mámoas sitúase preto da saída cara a Catoira desde a Autovía do Barbanza, á man dereita.

Este túmulo está situado nun rechán, no comezo da subida ao Monte do Couto. Mide 21,30 metros no eixo N-S e 18 no L-O. Conserva unha altura de 0,50 metros. Presenta un burato de violación central que mide 3,70 metros (N-S) e 2,10 metros (L-O), así como unha profundidade de 0,30 metros. No seu interior atópanse tres laxes, unha das cales está caída, que posiblemente formasen parte da cámara.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA150720101)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.679897, -8.744581

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo