- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Neolítico
- Lugar
- Burés
- Parroquia
- Santa María de Asados
- Concello
- Rianxo
Conxunto de dez túmulos sitos en Burés, que constitúen a Necrópole do Monte Picoto. Están na divisoria entre os concellos de Dodro e Rianxo, e a uns centos de metros ao oeste das catro mámoas da Necrópole da Paradegua, sitas en Bexo (Dodro).
Este túmulo está moi cuberto de vexetación a pesar do cal é un dos mellor conservados. Mide 21,30 metros no eixo N-S e 17,50 metros no L-O. Ten unha altura de 1 metro. Presenta un burato de violación central que mide 3,80 metros (NO-SL) e 3,50 metros (NL-SO), cunha profundidade de 0,70 metros. Conserva varios chantos que están desprazados.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072069)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.695022, -8.755417
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Mámoa Nº 3 do Monte da Pena
Rianxo, Santa María de Leiro
Arqueoloxía
Petróglifo de Abuín
Rianxo, Santa María de Leiro
Arqueoloxía
Mámoa Nº 7 do Monte da Pena
Rianxo, Santa Comba de Rianxo