Saltar ao contido principal

Mámoa Nº 3 do Monte da Pena

Mámoa Nº 3 do Monte da Pena - Rianxo - Santa María de Leiro
Outras denominacións
Campo dos Frailes
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Neolítico
Lugar
Monte da Pena
Concello
Rianxo

Conxunto formado por catro túmulos situados nun paso entre os Montes Pelotiña e o Monte da Pena.

Este túmulo mide 25,50 metros no eixo N-S e 29,10 metros no L-O. Conserva unha altura de 2,10 metros. Presenta un burato de violación central que mide 10 metros (N-S) e 7,60 metros (L-O), cunha profundidade de 1,20 metros. Obsérvanse dous chantos, un cortado e outro saído. Ao redor da masa tumular atópanse moitas pedras que posiblemente formen parte do anel perimetral.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072085)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.669099, -8.778809

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo