Saltar ao contido principal

Xacemento de Burés

Xacemento de Burés - Rianxo - Santa María de Asados
Outras denominacións
Henge de Burés
Tipoloxía
Arqueoloxía
Lugar
Salgueiriños
Concello
Rianxo

O xacemento arqueolóxico de Burés atópase no monte situado ao nordeste do lugar de Burés, debaixo da liña eléctrica, ao carón dun dos seus apoios; presenta forma circular dun diámetro de 52 metros, ocupando unha superficie de 2120 metros cadrados, e destaca por presentar un maior alombamento no flanco oriental, posiblemente debido a un maior desenvolvemento do terraplén, namentres no flanco oposto destaca con maior claridade o foxo perimetral. A 550 metros ao sueste atópase a Mámoa Nº 7 do Monte Picoto, e a menos de 900 metros o resto da Necrópole do Monte Picoto formada por 10 mámoas; e a 625 metros ao nor/nordeste temos a Mámoa de Foxacos.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Coto de Burés

La Voz de Galicia
 

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.696706, -8.764327

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo