- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Neolítico
- Lugar
- Campo Grande
- Parroquia
- Santa María de Isorna
- Concello
- Rianxo
Conxunto de seis túmulos megalíticos que forman a Necrópole dos Campiños, sita nunha chaira disposta lonxitudinalmente sobre a dorsal que cae desde o extremo sur do Monte Lioira. Os túmulos distribúense a ambos lados do camiño a escasos 50 metros do inicio da pista. Hai varias escavadas, mais a máis visible é a última a man dereita, que constitúe o túmulo máis grande.
Mide 22,50 metros no eixo L-O e 23 no N-S. O diámetro do pozo de saqueo é 9 metros, a altura máxima do túmulo é 1,39 metros e a profundidade máxima do pozo de saqueo é 1,75 metros. Atópase na marxe esquerda do camiño que vertebra a zona do Campo Grande que discorre en sentido N-S, practicamente ao carón deste.
Ao túmulo fáltanlle dúas quintas partes no sector sur; no interior do pozo de saqueo é moi probable que se atope recheo por varias bolsadas de sedimento e bloques de pedra. O túmulo foi gravemente alterado pola apertura dunha pista forestal a finais da década de 1970.
En planta presenta forma de C. Cara ao norte evidéncianse restos de dúas fochancas que teñen alterado a masa tumular, e por extensión a propia configuración do túmulo. A de maiores dimensións mide 4 metros de ancho por 7,50 de longo. Ambas as dúas presenta unha fondura que semella ser maior que a propia base do túmulo.
Ademais, preto da coroación do túmulo, localízanse varias fochancas de aproximadamente 1 metro de diámetro que puideran ser o resultado de antigas plantacións forestais. Nesta zona afloran gran cantidade de cachotes de granito que manifestan a existencia dunha estrutura de recubrimento prístina (coiraza).
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072005)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.675203, -8.766326
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 2 da Insua
Rianxo, Santa María de Leiro
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 2 do Monte Pelotiña
Rianxo, Santa María de Asados
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 5 dos Campos
Rianxo, Santa Comba de Rianxo