- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Idade do Ferro
- Lugar
- Monte Pelotiña
- Parroquia
- Santa María de Asados
- Concello
- Rianxo
Castro de planta oval, cunha croa orientado ao norte no cumio do Monte Pelotiña. Trátase dun recinto fortificado cunhas medidas de 80 metros (N-S) e 63 metros (O-L), ubicado na zona superior dun outeiro que separa o val de Asados-Araño das estribacións e vales que levan até a ribeira do río Ulla. Emprazado a 217 metros de altura, dispón dunha amplísima perspectiva sobre o territorio que o rodea. O recinto fortificado consta dunha muralla perimetral formada por pedra e cachote, engrosada na zona norte como resposta a un pequeno chan, e complementada na área sur con outro parapeto exterior que se parece estender pola metade da cara oeste. Este último aspecto, visible nas imaxes LIDAR, non puido ser comprobado in situ, onde si é perceptible o parapeto exterior da cara sur.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072126)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.675516, -8.775751
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 5 do Monte Picoto
Rianxo, Santa María de Isorna
Arqueoloxía
Mámoa de Foxacos
Rianxo, Santa Baia do Araño
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 5 dos Campos
Rianxo, Santa Comba de Rianxo