- Outras denominacións
- Castro de Isorna
- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Idade do Ferro
- Lugar
- Quintáns
- Parroquia
- Santa María de Isorna
- Concello
- Rianxo
O castro está situado nunha posición estratéxica que domina a entrada do río Ulla e a Enseada de Leiro desde o Monte Quintáns, a 152 metros de altitude. O monte no que se atopa amosa fortes pendentes polas banda norte, sur e leste, acadando esa altura a tan só 500 metros de distancia das beiras do intermareal do Ulla. Ten forma ovalada con diámetros duns 90 metros no eixo NL-SO, e 60 no NO-SL. Posúe dobre murallas e un foxo. Na parte nordeste, onde a ladeira acada a maior pendente, vese a dobre liña de muralla e consérvase un concheiro. Na parte sur pódense apreciar os restos de recintos habitacionais e outros que poderían corresponder coa muralla. No concheiro atopáronse tamén restos cerámicos e malacolóxicos (ostra, berberecho e ameixa) e líticos (seixo). Fálase da localización no lugar da Cova do Xil que dá froito a algunhas lendas locais, como a que dicía que había unhas escaleiras de ouro desde o castro até a fonte de Palleiro, por onde os mouros levaban a beber aos caballos.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072006)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.663475, -8.751018
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 1 do Toural
Rianxo, Santa Baia do Araño
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 4 dos Campos
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Arqueoloxía
Mámoa Nº 1 do Monte da Pena
Rianxo, Santa María de Leiro