Saltar ao contido principal

Desembocadura do rego Salgueirón

Desembocadura do rego Salgueirón - Pontecesures - San Xulián de Requeixo
Tipoloxía
Obra civil
Lugar
Porto de Cesures
Concello
Pontecesures

O rego Salgueirón, duns 2.200 metros de lonxitude, nace na Fonte Salgueirón e desemboca no río Ulla, xa no Porto de Cesures. Ao longo do seu percorrido ten asociados elementos que aproveitan as súas augas: o Lavadoiro da Curuxa, o Muíño de Infesta e o Lavadoiro da Chancela. No seu último treito, antes de xuntarse coas augas do Ulla, vai soterrado, véndose soamente no paso baixo a vía do ferrocarril.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Pontecesures (3: GA36044003)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.720545, -8.654356

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo