Saltar ao contido principal

Cruceiro Nº 2 do Cemiterio de Adina

Cruceiro Nº 2 do Cemiterio de Adina - Padrón - Santa María de Iria Flavia
Imaxe: Xosé Troiano
Cronoloxía
Século XIII
Lugar
Iria Flavia
Concello
Padrón

Cruceiro, localizado no Cemiterio de Adina, de tipo de crucifixo con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico chafranado, con caveiras nos ángulos. O varal é octogonal cun pedestal cuadrangular e liso. Polo anverso do varal, a media altura, ten a imaxe de San Francisco e polo lado do anverso, a imaxe de Santiago Peregrino. Ten un capitel octogonal, con astrágalo octogonal e liso. O ábaco ten lados rectos, e ademais o capitel ten follas de ápice groso e redondo. A súa cruz é octogonal con pedestal e con remates florenzados con botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. Polo reverso da cruz está a Virxe co Neno sobre unha peaña.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994

Patrimonio Galego

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.745908, -8.654772

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo