- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Cronoloxía
- 1985
- Lugar
- Morono
- Parroquia
- Santa María de Herbón
- Concello
- Padrón
Cruceiro situado ao carón da Escola de Morono, do tipo de fuste rematado en crucifixo, construído no ano 1985. Está composto por unha plataforma de dous chanzos de forma cadrada sobre o que se sitúa o pedestal da mesma forma e cunha parte superior moldurada. Nunha das caras ten a seguinte inscrición: "MOROÑO 15-8-1985". O fuste comeza e remata de forma cadrada e logo ten as arestas chafranadas. O capitel ten forma cadrada e está decorado con volutas nas esquinas e cabezas de anxos entre as mesmas. Debaixo ten motivos vexetais. A cruz ten forma cadrada e as arestas chafranadas coas puntas de brazos florenzados. No anverso está a figura de Cristo crucificado con tres cravos, coroa de espiñas e sobre a cabeza unha cartela ao uso. No reverso está a figura da Virxe sobre unha peaña de tres corpos de forma cadrada e as esquinas recortadas. Está cuberta por un manto.
Referencias
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.727630, -8.622490
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro do Souto
Padrón, Santiago de Padrón
Elementos relixiosos
Cruceiro de Vilar
Padrón, Santiago de Padrón
Elementos relixiosos
Cruceiro do Pazo do Barco
Padrón, Santa María de Iria Flavia