- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Cronoloxía
- 1960
- Lugar
- Porta dos Mariños
- Parroquia
- Santa María de Iria Flavia
- Concello
- Padrón
Cruceiro do tipo de crucifixo, que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base é moldurada, cunha escocia da paso a un varal que nace en sección cadrada. Nela pódense ver diferentes relevos que fan referencia á Paixón de Cristo (tenaces, martelo, cravos, coroa de espiñas e cordón). O resto do varal ten sección octogonal. O capitel, profusamente decorado, contén a custodia, tres anxos, volutas e motivos vexetais. O conxunto remata nunha cruz leñosa con nós, na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI, acompañado por San Francisco que o abraza. No reverso a Virxe sobre unha peaña e coroada por dous anxos situados no brazo horizontal da cruz.
O actual cruceiro é do ano 1960, posto que substituíu ao orixinal do século XVII, que aparecera roto.
Referencias
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.767376, -8.652091
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro do Rueiro
Padrón, Santa María de Iria Flavia
Elementos relixiosos
Cruceiro da Ponte
Padrón, Santa María de Iria Flavia
Elementos relixiosos
Cruceiro da Matanza
Padrón, Santa María de Iria Flavia