Saltar ao contido principal

Cruceiro do Convento do Carme

Cruceiro do Convento do Carme - Padrón - Santiago de Padrón
Imaxe: Xosé Troiano
Outras denominacións
Cruceiro da Costiña do Monte
Cronoloxía
1998
Lugar
Costiña do Carme
Concello
Padrón

Cruceiro de tipo de crucifixo, vinculado ao Convento do Carme, con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico con mediacana e un bocel. Na cara do anverso ten unha inscrición que di: “ANO 1998”. Ten un varal octogonal que comeza e remata en cadrado. O capitel é cuadrangular co cuarto bocel ornamentado con figuras de oitos. O ábaco ten lados rectos e lisos. A súa cruz é cuadrangular cos brazos chafranados, presentando no seu anverso a Cristo crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara adiante cun pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz está a Virxe co Neno no colo, sobre unha peaña con forma de nube.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Patrimonio Galego

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.738780, -8.663233

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo