Saltar ao contido principal

Cruceiro de Pousada

Cruceiro de Pousada - Padrón - San Pedro de Carcacía
Imaxe: Ángel Luis Utrera Baza
Lugar
Pousada
Concello
Padrón

Cruceiro do tipo de fuste rematado nun crucifixo. Construído sobre unha plataforma de tres chanzos de forma cadrada sobre a que se coloca o pedestal da mesma forma e cunha escocia na parte superior e rodeado dun enreixado de ferro. O fuste comeza e remata en forma cadrada e o resto é de sección octogonal. Na metade do varal ten unha figura de quen parece ser Santiago Peregrino. A cruz é de sección cadrada e ten as arestas chafranadas coas puntas dos brazos potenzadas. No anverso está a figura de Cristo crucificado con tres cravos, cabeza con coroa de espiñas e inclinada cara a dereita con pano de pureza ao mesmo lado. Semella faltarlle a cartela sobre a cabeza. No reverso está a figura da Virxe sobre unha peaña circular e coas mans unidas á altura do peito en actitude orante.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Cruceiros de Galicia

Xenealoxías do Barbanza

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.749758, -8.597371

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo