Saltar ao contido principal

Cruceiro de Patricia

Cruceiro de Patricia - Padrón - Santa María de Iria Flavia
Imaxe: Maria Soledad Pintos Peñaranda
Outras denominacións
Cruceiro de ánimas de Pazos
Cronoloxía
Século XIII
Lugar
Quintáns
Concello
Padrón

Cruceiro do tipo de crucifixo que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base con escocia presenta un pequeno oco para o caixón das esmolas. O varal comeza en sección cadrada. Nesta parte podemos ver o retablo pétreo coa imaxe de Santo Antón, acompañado de dúas ánimas que se prenden ao cordón do seu hábito. O resto do varal é de sección octogonal. A continuación o capitel tipo xónico, con motivos vexetais e catro anxos en cada lado. O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe sobre peaña no reverso.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994

Patrimonio Galego

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.760780, -8.651215

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo