Saltar ao contido principal

Cemiterio vello ou dos animais de Santa Cruz

Cemiterio vello ou dos animais de Santa Cruz - Padrón - Santa María de Herbón
Imaxe: Seria A do voo americano (1945-46)
Lugar
Santa Cruz
Concello
Padrón

Restos dos muros do que se podería ter sido un cemiterio, situados na extensa parcela catastral do Pazo de Santa Cruz da Granxa.

Segundo contan veciños de Herbón, trataríase dun cemiterio proxectado para ser utilizado no lugar do parroquial, situado no atrio da Igrexa de Santa María de Herbón, cemiterio este que se atopa completo, até o punto que é imposible acceder á igrexa sen pisar as sepulturas.

Este “novo” cemiterio situouse preto dos límites parroquiais entre Iria e Herbón, mais nunca chegou a usarse para tal fin, quedando reservado para enterrar animais, de aí o a súa denominación como o cemiterio dos animais.

Pouco a pouco os veciños foron reutilizando a pedra dos muros para os seus usos particulares, polos que tal como contan “pouco máis quedará que algunhas pedras”.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Chus Rodríguez

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.734098, -8.641750

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo