- Outras denominacións
- Capela do Cemiterio Vello
- Tipoloxía
- Arquitectura relixiosa
- Cronoloxía
- 1818
- Lugar
- Cantón da Igrexa
- Parroquia
- Santiago de Padrón
- Concello
- Padrón
A capela orixinal era de estilo barroco, planta rectangular e perpiaños de granito. Tiña a fachada con pequena espadana rococó, coa base voada, coroación curvilínea e balaústre no remate. Foi destruída na década dos 90 do século XX.
A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural denegou a autorización para a construción da edificación actual, mais a propia administración recoñece "que non se exerceron no seu día as potestades na orde sancionadora que correspondían" e "o procedemento administrativo estivo paralizado durante varios anos polo retraso da comunicación do peche ou arquivo das dilixencias informativas seguidas no seu día pola Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza". Deste xeito, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural comunica a "prescrición da infracción que constituirían os ditos feitos, non pode incoarse actualmente un expediente na orde sancionadora que constitúe o suposto normal de imposición ou existencia da obriga de restitución".
Protección
Non
Coordenadas (WGS84)
42.739308, -8.661806
Máis elementos do catálogo
Arquitectura relixiosa
Capela do Pazo de Arretén
Padrón, Santa María de Iria Flavia
Arquitectura relixiosa
Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia
Padrón, Santa María de Iria Flavia
Arquitectura relixiosa
Capela de San Bieito de Bascuas
Padrón, Santa María de Cruces