Saltar ao contido principal

Pesqueiras da Aguadalta e da Nova

Pesqueiras da Aguadalta e da Nova - Padrón - San Pedro de Carcacía
Cronoloxía
Século IX
Lugar
Carcacía
Concello
Padrón

As pesqueiras ou lampreeiras remóntanse á época romana e aínda hoxe se conservan esas antigas artes de pesca. Explotounas o Cabido de Iria até o século XX. Na actualidade pertencen aos veciños do lugar. A concesión para pescar lampreas nas pesqueiras do Ulla ten a súa orixe nun documento datada do século IX que na actualidade está en poder da familia Lago de Herbón, quen no seu día foi interpretado por un frade do Convento dos Franciscanos.

Están formadas por grandes bloques, máis ou menos cuadrangulares, de pedras de moi variados tamaños. As que mellor se conservan cruzan practicamente todo o río, soportando extremas correntes de auga. As súas dimensións varían, mais a media é de 3 metros de alto por 2 de lado e outros 2 de ancho. Están aliñadas en perpendicular ou oblicuas á corrente, cruzando case todo o río, agás unha gran corrente central que se chama “vena” e que queda libre de trampas. Aos ocos que hai entre os bloques, chámanselle “boquetes” ou “pasillos”, e é o lugar onde se arman os aparellos de pesca.

As pesqueiras de Carcacía teñen as subdenominacións Carcacía-Lapido na beira norte e Carcacía na sur. As Pesqueiras da Aguadalta en Carcacía-Lapido, e as Pesqueiras da Nova en Carcacía, teñen ambas 3 “pescos” e 2 “pasillos”.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Faro de Vigo

Lampreas e Pesqueiras. Historia, artes de pesca e receitario. 2008. Editorial Galaxia

A vida nos ríos galegos

Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.744140, -8.619406

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo