Saltar ao contido principal

Pesqueiras da Canle

Pesqueiras da Canle - Padrón - Santa María de Herbón
Imaxe: David García-Louzao | nocursodaauga.com
Cronoloxía
Século IX
Lugar
A Barca
Concello
Padrón

As pesqueiras ou lampreeiras remóntanse á época romana e aínda hoxe se conservan esas antigas artes de pesca. Explotounas o Cabido de Iria até o século XX. Na actualidade pertencen aos veciños do lugar. A concesión para pescar lampreas nas pesqueiras do Ulla ten a súa orixe nun documento datada do século IX que na actualidade está en poder da familia Lago de Herbón, quen no seu día foi interpretado por un frade do Convento de Santo Antonio de Herbón.

Están formadas por grandes bloques, máis ou menos cuadrangulares, de pedras de moi variados tamaños. As que mellor se conservan cruzan practicamente todo o río, soportando extremas correntes de auga. As súas dimensións varían, mais a media é de 3 metros de alto por 2 de lado e outros 2 de ancho. Están aliñadas en perpendicular ou oblicuas á corrente, cruzando case todo o río, agás unha gran corrente central que se chama “vena” e que queda libre de trampas. Aos ocos que hai entre os bloques, chámanselle “boquetes” ou “pasillos”, e é o lugar onde se arman os aparellos de pesca.

As Pesqueiras da Canle teñen unha lonxitude duns 120 metros entre os 2 muros, albergando 4 postos de pesca na beira norte e 3 na sur, sumando 5 “pasillos” en total. Está composta por uns muros en forma de vértice (unha V) orientados cara a corrente para desviar a auga ás beiras onde están as trampas, mais os muros non impiden a corrente totalmente, senón que están separados por unha “vena” central de 2 metros que permite o remonte das especies migradoras.

Hai certas semellanzas entre esta pesqueira coas do río Miño, algunhas outras do río Tambre, mais sobre todo cunha serie de construcións galaico-portuguesas que unen os seus muros no centro do río. Pódese dicir que a Pesqueira da Canle de Herbón, como construción mixta ou híbrida, é única en Galicia.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Faro de Vigo

Lampreas e Pesqueiras. Historia, artes de pesca e receitario. 2008. Editorial Galaxia

Pesca da lamprea no río Ulla en 1991 | CRTVG

A vida nos ríos galegos

Latexos de Turismo

nocursodaauga.com

Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.731493, -8.626681

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo