Saltar ao contido principal

Praza de Abastos de Padrón

Praza de Abastos - Padrón - Santiago de Padrón
Imaxe: Fototipia Thomas (Barcelona)
Tipoloxía
Arquitectura civil
Cronoloxía
1903
Lugar
O Souto
Concello
Padrón

No lateral do Campo do Souto localízase a Praza de Abastos de Padrón, inaugurada en novembro do 1903. Primeiramente fíxose unha parte, para posteriormente estendela até o antigo matadoiro, tal como está na actualidade. Construída cunha estrutura aberta, con reixa, para conseguir unha boa ventilación e evitar posibles malos cheiros. A súa construción en 1903 substituíu á peixería vella, situada detrás da Fonte da Praza de Camilo José Cela.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.736120, -8.661623

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo