Saltar ao contido principal

Pazo do Vinculeiro

Pazo do Vinculeiro - Padrón - Santiago de Padrón
Imaxe: Biblioteca Virtual del Patrimonio Bibliográfico
Tipoloxía
Arquitectura civil
Cronoloxía
Século XVII-XVIII
Lugar
Extramundi de Abaixo
Concello
Padrón

Residencia pacega, probablemente con orixes finais do século XVII e comezos do XVIII, coa planta en L, cun corpo engadido no ángulo interior do mesmo, construído todo en cantaría de granito. Fachada con escaleira e patín cuberto. O máis salientable é o arco de medio punto baixo o seu corredor.

Pertenceu á burguesía rentista que vivía de cobrar foros por arrendamento de terras e propiedades á veciñanza. O nome ten relación co vinculeiro fillo primoxénito que herda a propiedade. Polos brasóns insculpidos na súa fachada coñécense as familias que o posuíron: Montenegro, Andrade, Caamaño, Torre e Moscoso. Estas dúas últimas ramas emparentadas directamente cos propietarios tamén do Pazo da Torre do Monte. O pazo tamén pertenceu a Leoncio Acosta e a viúva de Baltar, Isabel Domínguez. Nos anos 60 do século pasado albergou unha das escolas de primeira ensinanza.

Cada 8 de decembro celébrase no lugar a Festas da Santiña da Burata. A Santa estivo desaparecida uns cantos anos, mais nos anos 30 do século pasado apareceu entre o estrume na corte das vacas nunha casa preto do lavadoiro de Extramundi de Abaixo, e posteriormente colocouse nunha fornela no muro exterior do pazo.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

La Voz de Galicia

Compromiso Padrón

Daniel Seijas

Fernando Cabeza Quiles

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón (GP. 7)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.751937, -8.667330

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo