- Outras denominacións
- Pazo de Quito
- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Cronoloxía
- 1666
- Lugar
- Rúa das Dores
- Parroquia
- Santiago de Padrón
- Concello
- Padrón
Exemplar de construción residencial cidadán de grande relevancia. Trátase dun edificio renacentista obra de Melchor Velasco Agüero, realizado por encargo de Alonso de la Peña e Montenegro, que foi reitor da Universidade de Santiago, e posteriormente bispo e capitán xeneral de Quito (Perú), onde finou no 1688. Está constituído por unha agrupación de construcións, con corpo principal de dous andares e fachada principal moi sobria de cantaría. Presenta todo a súa fronte con soportal de seis arcos de medio punto, algo rebaixados e lisos, sobre pilastras cadradas e robustas, ás que se superpoñen en relevo, outras acaroadas e esveltas, que acadan con sinxelos capiteis a cornixa, mentres que a imposta que manifesta o cambio de andar, pásalles por riba. En sendas ensanchas destas pilastras sitúanse dous escudos do arcebispado. Ten horta-xardín, con elegante reixa de ferro forxado na rúa Balsa de la Vega.
Alonso de la Peña e Montenegro foi enterrado en Quito, malia que dotara o seu panteón na Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia, con sepulcro e estatua orante, mais a súa familia non se ocupou do traslado do corpo, polo que o sepulcro de Iria está baleiro.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón (21)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.739483, -8.660479
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Casa dos Trulock
Padrón, Santa María de Iria Flavia
Arquitectura civil
Aduana fluvial de Ponte Cesures-Padrón
Padrón, Santa María de Iria Flavia
Arquitectura civil
Calexa do Castro
Padrón, Santiago de Padrón