- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Cronoloxía
- Século XV
- Lugar
- Rúa Longa
- Parroquia
- Santiago de Padrón
- Concello
- Padrón
Pazo do século XV reformado en 1794 en estilo neoclásico polo mestre Francisco Domínguez. A fachada presenta unha esfera do reloxo inglés e escudo pétreo representando o traslatio. Balcón corrido ao longo de toda a fronte, con plataforma de cantaría e varanda artística de ferro. Frontón enteiro con gárgolas, acroterios e espadana.
No salón de plenos hai unha imaxe de San Xoán Anteportam Latinam (vulgarmente coñecido como San Xoán do Raio) e un lenzo do século XIX, obra do pintor local Balsa de la Vega, representando ao frade e poeta medieval Juan Rodríguez del Padrón.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón (16)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.738397, -8.660494
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Casa de Macías O Namorado
Padrón, San Pedro de Carcacía
Arquitectura civil
Praza do Fiado
Padrón, Santiago de Padrón
Arquitectura civil
Escola de Iria
Padrón, Santa María de Iria Flavia