Saltar ao contido principal

Praza do Fiado

Praza do Fiado - Padrón - Santiago de Padrón
Outras denominacións
Praza de Macías
Tipoloxía
Arquitectura civil
Lugar
Praza de Macías
Concello
Padrón

Historicamente coñecida como Praza do Fiado, por ser o lugar onde nos días de mercado vendíase o liño, a estopa e as teas de confección. Tamén se vendían os utensilios cos que se traballaba os téxtiles. Desde o 16 de xullo de 1920 baixo a denominación actual de Praza de Macías O Namorado. A configuración actual da praza xurdiu tras o derrubamento de algunhas casas que ocupaban este espazo.

O trobador medieval Macías O Namorado dá o actual nome a esta praza. Macías O Namorado foi un trobador e poeta medieval galego, nado en Sande (Carcacía) no século XIV-XV, de familia nobre e educado nas letras e nas ciencias. Deixou moi novo Carcacía, a súa terra natal, para converterse en doncel de don Enrique de Aragón, momento no que coñeceu á que sería a súa amada. Viviu para un só amor e morreu dunha soa ferida, traxicamente, en Arjonilla (Xaén). Outorgáronselle, 21 poemas do Cancionero de Baena e unha lenda de namorado atrevido da que existen actualmente diversas crónicas coincidentes no seu desenlace.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Padrón Turismo

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.738132, -8.660906

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo