- Tipoloxía
- Obra civil
- Cronoloxía
- Século XIX
- Lugar
- Teaio
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
No xardín dianteiro dunha casa, no lugar coñecido como Agro da Chousa, no Quinteiro de Arriba.
Situado sobre unha grade de cemento do xardín dianteiro da casa, non sendo este o seu emprazamento orixinal. O reloxo, de esfera cadrada, é unha pedra de granito rectangular exenta. Na súa cara frontal é visible un recadro insculpido e, no seu interior, as liñas horarias perfectamente visibles. O gnomon consérvase partido, sendo este unha placa metálica triangular. Non se conserva no seu emprazamento orixinal, aínda que debeu tratarse dun reloxo de sol vertical ortomeridiano (orientado ao sur). Segundo conta a filla da actual propietaria, este reloxo atopábase orixinalmente na portada de entrada á finca, que antigamente estaba pechada por un muro todo ao redor. Esta portada atopábase no lateral suroeste da mesma. Trataríase dun cuadrante vertical ortomeridiano (orientado ao sur).
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, parece ser de comezos do século XIX. A casa e horta na que se atopa indica a existencia dunha fidalguía rural de certo empaque. Este é o segundo exemplo de reloxo de sol nunha portada de entrada a unha propiedade atopado no concello, o outro exemplo é o de Tallós.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010
Protección
Non
Coordenadas (WGS84)
42.715553, -8.753960
Máis elementos do catálogo
Obra civil
Pombal de Bustelo
Dodro, San Xián de Laíño
Obra civil
Pombal de Castro
Dodro, San Xoán de Laíño
Obra civil
Ponte do Portanchiño
Dodro, San Xián de Laíño