- Tipoloxía
- Obra civil
- Cronoloxía
- Século XIX
- Lugar
- Imo
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
Localizado no medio de Imo, xunto á Eira das Cabanas.
É de planta semicircular, con paredes de cachotaría de granito con restos de encalado. As entradas das pombas, 3 orificios cuadrangulares, están delimitados por catro lousas de pedra a xeito de caixa. Cubrición a unha auga de tella do país. A entrada é alintelada, con porta de madeira. Forma parte dun alpendre de pedra
A propietaria actual non sabe concretar a súa cronoloxía, mais xa existía no tempo dos seus avós. Sinalar que esta familia propietaria adquiriu notable relevancia cun crego que houbo nela na primeira metade do século XIX. Actualmente en desuso.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010
Protección
Non
Coordenadas (WGS84)
42.711523, -8.725227
Máis elementos do catálogo
Obra civil
Pombal do Palacio de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro
Obra civil
Pombal de Ferreirós
Dodro, San Xoán de Laíño
Obra civil
Lacena de Pexegueiro
Dodro, San Xián de Laíño