- Tipoloxía
- Obra civil
- Cronoloxía
- Século XVIII
- Lugar
- A Igrexa
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Situado nunha finca, actualmente pechada, que se estende pola parte traseira da casa reitoral, ao norte da igrexa parroquial.
De planta circular e muro de cachotaría de granito encalado, aínda que pola parte traseira está reconstruído en parte con bloques de formigón. Porta de entrada alintelada con folla de madeira. Repisa de pedra circundando perimetralmente a parte superior, con tres orificios cuadrangulares na fronte para a entrada das pombas. Cubrición cónica de tella do país con remate de lousa sobre entramado de madeira e remate de cumieira con peza pétrea.
Tería a mesma antigüidade que a casa reitoral e a igrexa parroquial, a cal foi feita a mediados do século XVIII. Desde as súas orixes, formaría parte do conxunto eclesiástico da casa reitoral.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-04)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.725297, -8.714485
Máis elementos do catálogo
Obra civil
Pombal Nº 1 de Teaio
Dodro, San Xoán de Laíño
Obra civil
Pombal Nº 2 da Casa de Aguirre
Dodro, San Xoán de Laíño
Obra civil
Pombal da Casa do Brañeiro
Dodro, San Xián de Laíño