- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Vigo
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
Situado nunha finca privada, na parte traseira da casa á que pertence o segundo claro.
A cimentación non é visible, sendo os soportes seis pés de pedra de sección cuadrangular, dispostos de dous en dous. O tornarratos é unha pedra individual para cada pé, de forma circular. Ten dous claros, con balaústres de madeira e tres cintas, cunha porta de madeira no lateral leste. Linteis e columnas de pedra e a cornixa sería de madeira, sendo actualmente visibles unhas trabes deste mesmo material. Os esquinais do corpo do hórreo son de pedra, con fendas de ventilación horizontais. Penal da fronte de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra, non se sabe si con ventilación, xa que está cuberto de vexetación. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de uralita. Remates: cruz latina florenzada de sección cilíndrica sobre escocia no penal frontal, e pináculo piramidal estilizado no traseiro. Orientado ao NE.
No 2010, a propietaria asegura que é moi antigo, sendo o máis ou dos máis antigos da aldea de Vigo, aínda que non puido precisar máis sobre a súa cronoloxía. Parece que veu do Araño, tróuxoo un veciño desde alá debido a que tiña dúas fillas casadas en Vigo, sendo un claro para cada unha. Tería máis de cen anos.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 55)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.717289, -8.691875
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Imo
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo da casa reitoral de San Xián de Laíño
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Sar
Dodro, San Xián de Laíño