- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- 1874
- Lugar
- Traxeito
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Situado no muro de peche dunha finca privada, ao pé do camiño vello, hoxe bastante abandonado. Na finca traseira dunha vivenda privada.
A cimentación é de perpiaños e cachotes de granito, duns 1,70 metros de altura máxima (situado nunha costa). Os soportes son cinco cepas de pedra, cos gabinetes pechados con ladrillo e cemento, e o segundo tamén con balaústres de madeira e dúas cintas na parte superior. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten catro claros con balaústres de madeira e dúas cintas. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira pintada de verde e penal traseiro tamén de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. No pinche frontal é visible a inscrición coa data: 1874. Cubrición de uralita e tella do país. Remates: cruz latina florenzada con botón central, de sección cilíndrica e con base piramidal; e pináculo coa parte de abaixo cuadrangular bocelada rematado en bóla achatada e angulosa. Orientado ao E.
Data de 1874, segundo reza no frontispicio.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 178)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-68)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.742130, -8.698730
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Castro
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Tarrío
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Reboiras
Dodro, San Xián de Laíño