Saltar ao contido principal

Hórreo de Manselle

Hórreo de Manselle - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Manselle
Concello
Dodro

Localizado na Aldea de Abaixo, no patio pechado da casa nº 35.

A cimentación non é unha repisa, se non que cada cepa ten unha base máis ancha de cachotaría de granito, duns 50 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra. Actualmente os gabinetes (tamén chamados pasaventos) están pechados con ladrillo e malla metálica para gardar os animais. Na fronte ten esqueiras de pedra con dúas grades, rematando nunha plataforma con rebaixes circulares para apoiar o esqueiro. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral leste. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de uralita e por riba tella do país, con capa de cemento entre ambos. Remates: cruz latina alta florenzada con botón central e ángulos en chafrán sobre base cuadrangular; e pináculo en forma de anforeta rematado nunha gran bóla facetada. Apoiado no pináculo é visible un reloxo de sol, tratándose dunha placa de granito rectangular rematado nun semicírculo, coas liñas horarias ben visibles e enmarcadas cunha liña circular, mais sen o gnomon. Orientado ao NE.

O hórreo foi feito polo tataravó da actual propietaria, no 2010, Ela herdouno do seu pai, quen naceu en 1910, e aínda o fixo o avó deste, polo que tería unha idade duns 150 anos.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 94)

Reloxos de sol de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.729927, -8.718886

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo