Saltar ao contido principal

Hórreo de Castro

Hórreo de Castro - Dodro - San Xoán  de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Outras denominacións
Hórreo das do curral da Pastoriza
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
Século XX
Lugar
Castro
Concello
Dodro

Situado na entrada da aldea, ao sur da Eira de Abaixo, ao pé da estrada.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento, duns 2 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra. Os gabinetes están pechados con ladrillo. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, pechados con ladrillos. Non ten linteis nin cornixa. Columnas de pedra. Os dous penais son de perpiaño, sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de uralita. Non conserva os remates, tan só a base cuadrangular do penal sur. Orientado ao NW-SE.

No 2010, un veciño de algo máis de setenta anos, di que lle acorda toda a vida, que debe ser antigo, aínda que non soubo concretar a data con maior exactitude. Dataría de comezos do século XX.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 218)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.719277, -8.719985

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo