Saltar ao contido principal

Cruceiro de Trasdopazo

Cruceiro de Trasdopazo - Dodro - Santa María de Dodro
Outras denominacións
Cruceiro da Praza ou Cruceiro do Souto
Lugar
Lestrobe
Concello
Dodro

Localízase dentro dun recinto cunha mesa e bancos de pedra, na praza do núcleo, á beira da estrada AC-307. Na bibliografía identifícase esta praza coa antiga praza medieval de venda de peixe.

Cruceiro feito de granito. A basa mide 0,70 metros de ancho por 0,20 de alto. O fuste 0,25 (parte inferior) e 0,10 (parte superior). A altura total é de 6 metros. Non ten baseamento. O pedestal é cuadrangular, remate moldurado. O varal é de sección circular, con estrías e boceis, e con pedestal cuadrangular moldurado. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular liso, ábaco con lados curvos e vértices chafranados, decorado con volutas, follas e flores. A cruz é de sección circular, leñosa con nós. No anverso da cruz ten un Cristo crucificado con tres cravos, inclinada a cabeza cara á dereita e mans abertas, con coroa de espiñas, pano de pureza suxeito cunha corda, INRI (pergamiño). Aparece a figura de San Francisco abrazándoo, e Cristo mirando ó Santo. No reverso da cruz hai unha Virxe con actitude de orar, coas mans xuntas, anxos coroándoa, sobre peaña dun querubín.

Ten máis de 100 anos, aínda que non se pode precisar data. Os veciños recordan desde sempre este cruceiro nesta praza. É un punto de parada para o culto na procesión da Virxe dos Aflixidos, para rezar. Tamén parada nos enterros.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-03 )

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.732671, -8.668649

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo