- Outras denominacións
- Cruceiro de Grandín
- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Cronoloxía
- Século XIX
- Lugar
- Bexo
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
Nunha beira da estrada Bexo-Burés, a 1 quilómetro da aldea de Bexo. No cruce entre a estrada AC-305 (antigo Camiño Real) e a pista que vai para a igrexa parroquial. Ademais, este cruceiro separa Bexo de Arriba de Bexo de Abaixo.
Construído en granito. Mide 4 metros de alto por 2 de ancho. Baseamento cuadrangular, con catro gradas. O pedestal é cuadrangular con paramentos recadrados, símbolos moi erosionados. O varal é de sección cadrada con chafráns, pedestal cuadrangular, recadrado, remata con follas, actualmente moi erosionadas, cunha imaxe dun santo a media altura coas letras SD debaixo (Santo Domingo? San Francisco?). O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso, ábaco cuadrangular con volutas; sobre este, hai outro capitel de factura máis recente cuadrangular moldurado. A cruz é de sección rectangular con recruceta, brazos con mediacana e remates de forma aforquillada. No anverso da cruz ten un Cristo crucificado con tres cravos, inclinando a cabeza cara a dereita, coas mans abertas. Con coroa de espiñas, pano de pureza anoado á esquerda e INRI (pergamiño). No reverso da cruz hai unha Virxe con manto en actitude de orar, coas mans xuntas e sobre peaña.
Ten máis de 100 anos, de finais do século XIX-principios do XX. O cortexo fúnebre paraba ao pasar diante para rezar unha oración polo defunto. Relacionado con visións da Santa Compaña e co famoso bandoleiro do Araño Xan Quinto. Actualmente aínda se ven restos de devoción nas grades (tarro con flores e cirios abandonados).
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-15)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.699747, -8.733383
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro do Montiño
Dodro, San Xoán de Laíño
Elementos relixiosos
Cruceiro da Arregañada
Dodro, San Xoán de Laíño
Elementos relixiosos
Cruz de Rial da Lagoa
Dodro, San Xián de Laíño