Saltar ao contido principal

Capela de San Xosé

Capela de San Xosé - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
Imo
Concello
Dodro

Capela de planta rectangular que ten ao carón da súa parte posterior os anexos da casa reitoral de San Xoán de Laíño, integrando un pequeno patio. A súa fronte é de cantaría con porta de acceso principal de lintel recto, abertura circular por enriba e dous remates en forma de bola na fachada principal. Os muros son de cachotaría e a cuberta a dúas augas can acabado de tella camba sobre armazón de madeira. Esta vese coroada na súa fronte por unha estrutura de sección cuadrangular que aloxa unha campá e rematada de forma piramidal, que probablemente non sexa a orixinal.

Foi construída como alternativa á igrexa parroquial por ter esta moi difíciles accesos e con moi pouca asistencia de fieis. O párroco optou por dicir misa na capela todos os días a horas moi temperás para facilitar o traballo no campo. Co tempo, e a mellora dos accesos á parroquial, deixouse de usar diariamente. Pola súa situación no medio da aldea tamén se usaba para dar avisos coa súa campá.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Sendeiros de Dodro

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro, aprobado o 27 de decembro de 2010

Patrimonio Galego

La Voz de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (AR-08)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.712743, -8.725251

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo