Saltar ao contido principal

Capela do Bo Parto e do Leite

Capela do Bo Parto e do Leite - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Histdodro
Outras denominacións
A Capilla ou Capela da Nosa Señora do Leite
Cronoloxía
Século XVI-XVIII
Lugar
A Igrexa
Concello
Dodro

Esta capela, tamén coñecida como “A Capilla”, é un edificio de planta rectangular e reducidas dimensións (6 metros de longo e por 4,50 de ancho), en obra de perpiaños e cachotaría, con bóveda de adobe e cemento e cuberta a dúas augas. O máis destacable desde o punto de vista artístico é a súa fachada principal, que responde a traza neoclásica. Consta dun único corpo con porta no centro xalonada por dúas columnas monolíticas exentas sen capitel e sobre bases cúbicas, as cales sosteñen a cornixa que no centro avanza 80 centímetros. Completa a fachada un frontón curvo do mesmo ancho que esta, o cal aparece coroado no centro por un pequeno campanil en forma de trípode e remate en cruz do tipo dos cruceiros, cun Cristo e unha Piedade, ambos en granito. A porta é de arco carpanel de tres centros e presenta ao igual que o resto do paramento da fachada principal, un enmarque de cantaría en resalte. O acceso ao edificio faise á través dunha escaleira de granito de cinco escadas.

Na súa honra celébranse as festas principais da parroquia o domingo seguinte despois do 8 de setembro.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Sendeiros de Dodro

Patrimonio Galego

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (AR-01)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.723822, -8.713771

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo