Saltar ao contido principal

Casa reitoral de Santa María de Dodro

Casa reitoral de Santa María de Dodro - Dodro - Santa María de Dodro
Imaxe: Xenealoxías do Barbanza
Tipoloxía
Arquitectura civil
Lugar
A Igrexa
Concello
Dodro

Edificación de planta rectangular con estrutura de baixo e un andar, a partir de muros de cachotaría de granito, agás os marcos de portas e xanelas que son de cadeirado de granito. A carpintaría é de madeira, e a cuberta a dúas augas con rematado de tella curva sobre armazón de madeira. Destaca na parte posterior que dá á igrexa, un pasadizo elevado que permite o acceso dunha construción á outra

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro, aprobado o 27 de decembro de 2010

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (AC-02)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.717124, -8.687999

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo