- Tipoloxía
- Arquitectura industrial
- Lugar
- A Estación
- Parroquia
- Santa Baia de Oeste
- Concello
- Catoira
Nave que pertencía ao complexo industrial de Cedonosa e que destaca por dispoñer cubertas individuais sobre cada un dos seus tres volumes, ofrecendo un aspecto de orixinal cuberta quebrada. A nave central presenta unha cubrición en forma de arco de medio punto proxectado, que cambia en cuberta a dúas augas convencional na contrafachada. O alzado principal sitúa un portalón de acceso gorecido baixo un arco escarzano que, na contrafachada, convértese nun arco de medio punto. Na metade superior dos volumes, óculos elevados, sendo o central labrado en granito.
Conta cunha cheminea da antiga fábrica de tella, construída en ladrillo de aproximadamente 15 metros de alto e de forma cónica. Na base, onde hai un oco, vai decorada cunha fiada de azulexos e algunhas pezas de ladrillos saíntes, formando pequenas cornixas e debuxos de triángulo.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_006) - Aprobación inicial de 2012
Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.672201, -8.726705
Máis elementos do catálogo
Arquitectura industrial
Peirao de Cedonosa
Catoira, Santa Baia de Oeste
Arquitectura industrial
Telleira das Rañas
Catoira, Santa Baia de Oeste
Arquitectura industrial
Telleira de María Antonia
Catoira, San Miguel de Catoira