- Tipoloxía
- Arquitectura industrial
- Lugar
- As Telleiras
- Parroquia
- San Miguel de Catoira
- Concello
- Catoira
Telleira hoxe desaparecida que se localizaba no lugar das Telleiras, fronte ao Cruceiro da Gabeira Pequena, nos terreos que hoxe ocupan as naves de Productos Ulla.
Pouco se sabe da historia desta telleira, agás que foi traballada polos Fariña: Manuel Fariña Tojo e os seus fillos Antonio e Manuel Fariña Moldes, xunto con outros telleiros, todos procedentes de Dena. Traballaron primeiro en Dena como telleiros e logo na Telleira das Rañas, para vir despois a esta. A telleira era propiedade de “Os Boullosa”, que residían na Baiuca e a arrendaron aos Fariña. Foi destruída cando levantaron a fábrica de ladrillo Productos Ulla.
O barro viña de Dena, transportado en barcos, mais descoñécese se era mesturado tamén con barro local.
Non quedan restos do forno.
Referencias
Ruta das telleiras e da cerámica do Baixo Ulla
Laboratorio de Tecnoloxías Apropiadas
Fernández Palicio, A. As Telleiras de Valga e comarca e as fábricas de cerámica (1850-1965)
Protección
Non
Coordenadas (WGS84)
42.663971, -8.733512
Máis elementos do catálogo
Arquitectura industrial
Telleira de Rodríguez
Catoira, San Miguel de Catoira
Arquitectura industrial
Peirao de Cedonosa
Catoira, Santa Baia de Oeste
Arquitectura industrial
Serrerías Industriales de Catoira
Catoira, Santa Baia de Oeste