Saltar ao contido principal

Fonte e lavadoiro do Busto

Fonte e lavadoiro do Busto - Catoira - San Pedro de Dimo
Imaxe: Concello de Catoira
Lugar
O Busto
Parroquia
San Pedro de Dimo
Concello
Catoira

Fonte dun único cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría coroado por un edículo de perfil e feitura tradicional. De sinxelo deseño, a auga do manancial condúcese por unha pequena canle a un lavadoiro granítico de planta rectangular que permite fregar roupa por dous dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. O conxunto sitúase por baixo do nivel do chan, de aí que para acceder a el haxa de descender por unha escalinata de granito. O conxunto aparece protexido por un muro de contención labrado en cachotaría que protexe todo o seu perímetro.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_008) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.663803, -8.693716

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo