Saltar ao contido principal

Lavadoiro do río do Campo

Lavadoiro do río do Campo - Catoira - San Pedro de Dimo
Lugar
Coaxe
Parroquia
San Pedro de Dimo
Concello
Catoira

Lavadoiro localizado no medio dun regueiro de escaso caudal coñecido como río do Campo. De sinxela factura, o lavadoiro granítico, de tipoloxía descuberta, presenta unha planta rectangular que permite fregar roupa en dous dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. O conxunto aparece flanqueado por muros de cachotaría que contribúen a fixar as terras de labor que se localizan en todo o seu perímetro.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_106) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.663504, -8.678049

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo