- Outras denominacións
- Fonte e lavadoiro de Tras da Veiga
- Tipoloxía
- Arquitectura da auga
- Cronoloxía
- 1950
- Lugar
- Agro de Tras da Veiga
- Parroquia
- San Miguel de Catoira
- Concello
- Catoira
Fonte dun único cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría coroado por un edículo de perfil en forma de chanzos. De sinxela factura, a auga do manancial condúcese por unha pequena canle a un lavadoiro granítico de planta rectangular, que permite fregar roupa por dous dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. O conxunto aparece protexido por un muro de cachotaría que protexe todo o seu perímetro.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_096) - Aprobación inicial de 2012
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.662419, -8.724902
Máis elementos do catálogo
Arquitectura da auga
Muíño de Arriba
Catoira, San Pedro de Dimo
Arquitectura da auga
Muíño de Pesado
Catoira, San Pedro de Dimo
Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro de Cotariño
Catoira, San Pedro de Dimo