Saltar ao contido principal

Fonte e lavadoiro de Cotariño

Fonte e lavadoiro de Cotariño - Catoira - San Pedro de Dimo
Cronoloxía
1963
Lugar
Coaxe
Parroquia
San Pedro de Dimo
Concello
Catoira

Fonte dun único cano que se insire nun muro de cantaría carente de calquera tipo de ornamentación. De sinxela factura, a auga do manancial verte directamente sobre un lavadoiro granítico cuberto de planta rectangular que permite fregar roupa en tres dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. Ao pé do vaso localízase un edículo ornamental que acolle un segundo cano no que se gravou o ano da súa construción: 1963. O conxunto aparece protexido por unha cuberta metálica que non se adapta ás condicións ambientais do contorno.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_109) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.660661, -8.676794

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo