- Tipoloxía
- Arquitectura da auga
- Lugar
- As Lombas
- Parroquia
- Santa Baia de Oeste
- Concello
- Catoira
As augas de Catoira nacen nun terreo granítico, afectado pola falla de dirección NE-SO que dá orixe á ría de Arousa e ao río Ulla. Tivo tres mananciais, estando soterrado o que se atopaba ao carón da Igrexa de San Miguel de Catoira. Hoxe en día consérvanse dous: o da Codeseira e o de Laxiñas, que era o que subministraba auga ao Balneario Laxinias. O caudal é cativo e a temperatura fría.
As augas de Catoira tiñan como indicación principal os problemas da pel: eccemas, psoríase... Asemade resultaban particularmente efectivas na cicatrización de úlceras rebeldes, sobre todo nas úlceras varicosas. Outras indicacións eran os trastornos respiratorios, gastro-hepatíticos, as escrofuloses e as enfermidades xenitais da muller.
Eran aplicadas en baños e chorros (quentándose previamente cun sistema especial), pulverizacións e inhalacións para problemas nasais, larínxeos e bronquiais. Tamén, pola súa baixa mineralización, se tomaban en bebida.
Este manancial de augas sulfurosas mineromedicinais e termais, descuberto no ano 2001. Estas augas contan coa declaración de auga mineral medicinal termal pola Xunta de Galicia. Teñen a súa orixe no Monte Fontebecha e son augas bicarbonatadas cloruradas, sódicas e sulfuradas, a unha temperatura constante de 18,3 graos.
Referencias
Protección
Non
Coordenadas (WGS84)
42.672309, -8.717487
Máis elementos do catálogo
Arquitectura da auga
Muíño de Abaixo
Catoira, San Miguel de Catoira
Arquitectura da auga
Muíño do Pazo
Catoira, San Mamede de Abalo
Arquitectura da auga
Muíño Vello
Catoira, San Mamede de Abalo